jueves, 21 de agosto de 2008

Joan Llaneras

Para ir estreando o blog do CC Meira (a falta de rematar o deseño e os contidos) imos facer unha pequena homenaxe a Joan Llaneras despois de acadar dúas medallas nos JJOO de Pekin.

Quizais sexa o deportista español que, polo momento, mais mérito teña nestes xogos, mais ca Nadal e Samuel Sanchez, que son mais novos, Joan ten 39 anos... por outro lado a medalla de plata conseguida con Toni Tauler ten un mérito angadido ó ser a primeira competición que facian xuntos, despois de quedar no camiño outras duas parellas, o malogrado Isaac Gálvez e Carlos Torrent, ademais Joan retirouxe xa da competición, renunciando a cobrar durante catro anos unha beca das mais importantes do deporte español (danse por resultados).


A súa nova forma de ver o ciclismo en pista, a súa maneira de leva-la bandeira española polos velódromos, o seu caracter amable e sobre todo os seus innumerables títulos europeos e mundias en Madison e Puntuación converteno no pistard español mais importante da historia e un novo mito do noso deporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario