viernes, 31 de octubre de 2008

Novidades do C.C. Meira

Hai varias novidades sobre o que acontece no C.C. Meira que poden ser de interese:

1. A primeira e mais festexada é o novo fichaxe que fixemos, Pedro Yera. Esperamos que todo lle vaia ben nesta nova andadura; polo de agora xa demostrou ser un ciclista con moitas ganas, que vai ben na montaña, e parece ser que o tempo de adaptacion que necesitará é mínimo, enseguida o veremos atacando nos montes.

2. O propio Pedro será dende agora un novo redactor deste noso blog, agardamos que escriba a miudo e nos conte novas de todo tipo.

3. Pabliño mercou unha bici de montaña nova, eu quería poñer unha foto aquí pero resulta que ainda non tiven ocasión de sacarlla, pero todo se andará, faremos a presentación gráfica da bici de Pablo mais adiante. So rezamos para que no monte non arrisque tanto coma no asfalto, que senon aínda se nos vai escornar.

4. Para o ano que vén temos previsto facer algo de roupa, ainda que as subvencións serán mais pequenas, parece que o que mais gusta son chuvasqueiros, guantes e calcetíns. Estaremos atentos.

5. O Concello de Meira pediunos que fixeramos un pequeno resume da historia do clube, das actividades que levamos a cabo e que puxeramos os datos de interese; conto que para poñelo na páxina Concello, así o faremos, hai que internacionalizarse.

6. Derradeira novidade, por se a alguén lle interesa durante a tempada invernal algúns membros do Clube tamén saimos correr a pé, asique se por Meira ou arredores hai algún interesado, que se poña en contacto con nós no número que aparece en información na marxe dereita do blog.


Por hoxe nada mais, segueremos informando, pedaleade moito. Ah! por certo, se alguén quere recibir información no seu correo das novas entradas deste blog que mande un email a sunsury_hds@hotmail.com comunicandoo.

Xa me esquecía: Lembrade que cambiamos ó horario de inverno. En negrita arriba a dereita.

Saúdos

No hay comentarios:

Publicar un comentario