Hola a todos, estos días, despois da resaca da mariña que supuxo facer tres marchas seguidas, pouco movemento ciclista houbo por Meira, ata que chegamos a este fin de semana que acaba de pasar no que fixemos unha excursión do CC Meira para disfrutar dos pobos tan bonitos que temos por aqui cerca (ou non tan cerca) e tamén aproveitar o estado de forma que mais ou menos tiñamos todos a estas alturas do verán. Finalmente saíron 130 km de ruta, saíndo de Meira dirección Pontenova, e posteriormente pasando por Taramundi, Santalla de Oscos e Fonsagrada, donde paramos a comer e repousar, ata saír de novo esta vez dirección O Cádabo, para pasar por Fonteo, Rioxoán e de novo chegar a Meira. Algúns quedamos con un bonito dor de pernas e outros que regularon mais ó día seguinte xa estaban recuperados, pero sen dúbida todos pensamos que sería unha boa idea repetir po ano que vén, todo se andará.
Hai fotos e video, mais adiante teredes noticias.
PD: O 23 de Agosto celebrase en Carballo unha proba de BTT de 12h e por equipos. As inscripcions acaban o viernes. Insacripción.
Hai fotos e video, mais adiante teredes noticias.
PD: O 23 de Agosto celebrase en Carballo unha proba de BTT de 12h e por equipos. As inscripcions acaban o viernes. Insacripción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario