miércoles, 5 de mayo de 2010

Giro de Italia 2010



Hola amigos, este proximo fin de semana empeza unha nova edición do Giro de Italia, para moitos a carreira máis bonita de todas, así que para unha vez que estou de corresponsal no país transalpino tócame facer unha pequena presentación desta competición. Primeiro de nada deixovos o enlace dos participantes nesta edición, así como unha planimetría da ruta.








E un Giro clásico rodeando Italia practicamente enteira (exceptuando prácticamente Calabria e illas), con bonitas etapas nos Alpes, crono por equipos, saida dende os países baixos e sobre todo un terrible final donde se poden decidir moitas cousas.

¿Favoritos? Sempre que falamos do Giro temos que falar de un ramillete de ciclistas italianos que son favoritos por riba dos extranxeiros, ainda que sempre se xunta despois un, dous ou tres malos inimigos dende o outro lado das fronteiras, como o ano pasado foi Denis Menchov, finalmente vencedor e que este ano non estará na saída. Por este motivo o dorsal 1 o levará Cadel Evans, actual Campión do Mundo en Ruta. Volvendo ós favoritos podemos seleccionar un grupo de clásicos: Basso, Cunego, Evans, Sastre, Wiggins... ;nun segundo grupo estarían os veteranisimos Simoni, Bruseghin e Garzelli, os españois Dani Moreno e Arroyo, así como Scarponi, Vandevelde, Karpets, Gerdemann ou o retornado Vinokourov... e veremos o que poden dar de si Vicenzo NiBali (favorito en outra situacion, pero chega de rebote pola exclusion de Pellizzotti), Domenico Pozzovivo e a promesa italiana Ermanno Capelli do equipo español Footon-Servetto.

Para os sprints o duelo: Petacchi vs Greipel, con invitados a ter en conta como Farrar e McEwen, promete moito e outros grandes ciclistas estaran nas estradas italianas este ano... Pozzatto, Voeckler, Uran, Moncutie, Xavi Tondo, Konovalovas, David Millar, Fothen, Sorensen, Larsson...

Destacar tamén a baixa de Pelizzotti por sospeitas no seu pasaporte biolóxico e a de Oscar Freire que non consigue solucionar uns problemas de alerxias (¿que sería de Freire se na sua carreira se o acompañase a saúde?).

En fin... unha carreira apaixonante, faltan nomes importantes pero vai ser un dos espectaculos mais grandes da tempada ciclista deste 2010. Espero e desexo que este Giro esté cuberto ampliamente pola TV en España, ainda que teño moitas dudad disto.

Cicloturistas!! bo fin de semana nas estradas!!

1 comentario: