Hola amigos, xa estamos nesa época do ano na que os días son pequenos pequenos... e as noites longas longas... e frías coma neve!!
Pois xa comeza a temporada de inverno e o CC MEIRA cambia os seus horarios adecuandose coma todolos anos á nova estación:
- Sabados 16.30h
- Domingos sen feira 11.00h
- Domingos con feira 16.30h
Como sabedes agora moitos días chove e incluso neva e non saímos a entrenar mais é importante aproveitar os días que se poida colle-la bicicleta, para manter o ritmo, para ir facendo camiño pouco a pouco... ó final se se manten un bo tono no inverno notarémolo no verán, sempre se pode cambiar e facer outros deportes pero non debemos abandonar totalmente a bicicleta, agradeceremolo en maio.
Por outra banda andamos co diseño de novos culottes, uns culottes longos para o invernos, para que non sexan tan frios os días... nin tan grises!! pois tratarase dun culotte de bastante colorido. Agardamos que vos guste!!
Recordade por outra banda que quen quiera ter culotte ten que estar federado e cumplir con un mínimo de actividade co clube, asi que non esquezades pasar por xunto de Chuspi antes de que remate o ano (por decembro) para firmar as licencias do 2011.
Un saúdo!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Colores.Mola.
ResponderEliminar