Parece que a decisión xa está tomada: Contador campión, mais ata que isto remate non se poderá decir nada a ciencia certa, Leipheimer está demasiado preto.
As xornadas montañosas que vivimos demostráronos que Alberto Contado está un paso por encima dos demais, tampouco imos dicir que é un dominio abrumador, o que pasa é que mais que o tempo que lles saca ós rivales da a sensación de que non hai terreo no que poder poñelo en problemas. Quizais se Valverde non perdese eses minutos tan parvos o outro día estariamos falando doutra cousa...
Se damos por sentado que o primeiro posto esta asegurado, e que o segundo tamén, quedanos por saber quen será o terceiro no podio de Madrid, hai varios candidatos, pero sobre todo dous: Carlos Sastre e o galego Ezequiel Mosquera, vista a forza coa que vai Mosquera, e visto o seu lugar de orixe, eu inclínome por el pra conseguir o terceiro posto, pero sempre tendo moito respeto por un ciclista que ve´n de gañar o Tour de Francia, e que coa experiencia que ten nestas lides non sería de extrañar que ó final mantivese o terceiro posto que ten agora mesmo. As etapas o diran.
Por outro lado aínda poden ter remotas opcións os tres seguintes na clasificación xeral: Gesink, Valverde e "Purito", estes deben atacar na etapa anterior á cronoescalada, pero neste ciclismo moderno de control, semella demasiado arriscado pra que algún deles o intente. como diría Perico: "virgencita, virgencita, que me quede como estoy".
Sen mais dilación, esperemos que o Clube Ciclista Meira vexa en Navacerrada unha etapa interesante, e a poder ser algunha sorpresa na xeral da Volta a España.
PD1: Felicidades ó galego David García do Xacobeo Galicia pola sua gran victoria na etapa 15 da Volta a España.
PD2: Unha foto dos meiregos: Quique, Couso, Pedro e Dani (éste do CC Meira), que estiveron animando ó persoal na maxestuosa subida ó Angliru.

O venres arracaremos!! Xa te chamo Jesusito a ve a que hora salimos
ResponderEliminarChaosssssss
ok! todo baixo control, ó mellor ven roi, pero non se sabe, mña xa o sei e xa concretamos os detalles!!
ResponderEliminarchau!