miércoles, 3 de septiembre de 2008

Vuelta a España 2008

Hola a todos, acaba de comenzar a Volta a España deste ano, e cando tan so levamos unhas poucas etapas, parece que vai ser cousa de tres: Contador, Sastre e Valverde.



A contrareloxo de hoxe, deixou moi apretadas as cousas, con Sastre un pouco detrás que terá que atacar e con Valverde e Conatador á expectativa... de todos modos esto non fai mais que comenzar, e veremos o que é capaz de facer Igor Antón, Gárate, Bruseghin ou Popovych, os coequipiers Kloden, Leipheimer ou Arroyo... e inclusive poden aparecer sorpresas, como Van Golen, Nocentini, Gesink ou o galego Mosquera.



De todos modos, xa sebedes, pero eu recordoo, que o Clube Ciclista Meira estará en vivo na cronoescalada a Navacerrada que se celebrará o 20 deste mes e na que moi posiblemente se decida a xeral da Volta. Pero ata iso quedan moitas e bonitas etapas de alta e media montaña, con Angliru incluido, pra que disfrutedes televisivamente deste deporte e vexades os ataques e desfalecementos mais emocionantes do que resta de tempada.

Xa o sabedes, ¡quedamos pra mañá diante do televisor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario