Tres integrantes do C.C. Meira estivemos o fin de semana pasado disfrutando dos últimos coletazos da Vuelta`08, estivemos vendo a cronoescalada de Navacerrada, a última posibilidade de que algo importante sucedese. Non foi así, pese ós nosos ánimos Ezequiel Mosquera non puido desbancar do podium a Carlos Sastre, e solamente o campión de España, Alejandro Valverde, puido subir a ta a quinta posición da xeral.
A etapa foi cousa en exclusiva de Leipheimer, incluso me atrevo a decir que si a etapa fose mais longa a victoria final de Alberto Contador podería estar en complicacións. Pero ó final sempre gaña quen mellor lee a carreira e quen mellorxoga as súas bazas, por tanto Contador é un merecido gañador. Feleicidades pra el.
Con respecto á nosa excursión podo dicir que o pasamos moi ben, tievemos: compañía de Pinteses, noite movida con gardabosques e Seprona, guitarrada, acampada, comilona... e ó día seguinte a levantarse cedo e amosar a bandeira galega que trouxo Dani, despois facer as pintadas no chan co spray de Luis e mais tarde correr tras dos ciclistas animando sobre todo ós galegos do Xacobeo, que fixeron un gran papel.
Á volta perdimonos algo por Valladolid e Segovia pero nada grave, que non se solucione con chegar dúas horas mais tarde á casa. Menos mal que Luis non tiña sono.
Aquí queda un pequeno reportaxe deste fin de semana ciclista.