viernes, 26 de septiembre de 2008

O C.C. Meira en Navacerrada


Tres integrantes do C.C. Meira estivemos o fin de semana pasado disfrutando dos últimos coletazos da Vuelta`08, estivemos vendo a cronoescalada de Navacerrada, a última posibilidade de que algo importante sucedese. Non foi así, pese ós nosos ánimos Ezequiel Mosquera non puido desbancar do podium a Carlos Sastre, e solamente o campión de España, Alejandro Valverde, puido subir a ta a quinta posición da xeral.

A etapa foi cousa en exclusiva de Leipheimer, incluso me atrevo a decir que si a etapa fose mais longa a victoria final de Alberto Contador podería estar en complicacións. Pero ó final sempre gaña quen mellor lee a carreira e quen mellorxoga as súas bazas, por tanto Contador é un merecido gañador. Feleicidades pra el.

Con respecto á nosa excursión podo dicir que o pasamos moi ben, tievemos: compañía de Pinteses, noite movida con gardabosques e Seprona, guitarrada, acampada, comilona... e ó día seguinte a levantarse cedo e amosar a bandeira galega que trouxo Dani, despois facer as pintadas no chan co spray de Luis e mais tarde correr tras dos ciclistas animando sobre todo ós galegos do Xacobeo, que fixeron un gran papel.

Á volta perdimonos algo por Valladolid e Segovia pero nada grave, que non se solucione con chegar dúas horas mais tarde á casa. Menos mal que Luis non tiña sono.

Aquí queda un pequeno reportaxe deste fin de semana ciclista.















lunes, 15 de septiembre de 2008

A decisión da Volta a España

Parece que a decisión xa está tomada: Contador campión, mais ata que isto remate non se poderá decir nada a ciencia certa, Leipheimer está demasiado preto.

As xornadas montañosas que vivimos demostráronos que Alberto Contado está un paso por encima dos demais, tampouco imos dicir que é un dominio abrumador, o que pasa é que mais que o tempo que lles saca ós rivales da a sensación de que non hai terreo no que poder poñelo en problemas. Quizais se Valverde non perdese eses minutos tan parvos o outro día estariamos falando doutra cousa...

Se damos por sentado que o primeiro posto esta asegurado, e que o segundo tamén, quedanos por saber quen será o terceiro no podio de Madrid, hai varios candidatos, pero sobre todo dous: Carlos Sastre e o galego Ezequiel Mosquera, vista a forza coa que vai Mosquera, e visto o seu lugar de orixe, eu inclínome por el pra conseguir o terceiro posto, pero sempre tendo moito respeto por un ciclista que ve´n de gañar o Tour de Francia, e que coa experiencia que ten nestas lides non sería de extrañar que ó final mantivese o terceiro posto que ten agora mesmo. As etapas o diran.


Por outro lado aínda poden ter remotas opcións os tres seguintes na clasificación xeral: Gesink, Valverde e "Purito", estes deben atacar na etapa anterior á cronoescalada, pero neste ciclismo moderno de control, semella demasiado arriscado pra que algún deles o intente. como diría Perico: "virgencita, virgencita, que me quede como estoy".

Sen mais dilación, esperemos que o Clube Ciclista Meira vexa en Navacerrada unha etapa interesante, e a poder ser algunha sorpresa na xeral da Volta a España.

PD1: Felicidades ó galego David García do Xacobeo Galicia pola sua gran victoria na etapa 15 da Volta a España.

PD2: Unha foto dos meiregos: Quique, Couso, Pedro e Dani (éste do CC Meira), que estiveron animando ó persoal na maxestuosa subida ó Angliru.






jueves, 4 de septiembre de 2008

Marcha BTT San Froilan

Moi boas xente!!!!

Achegase o San Froilan polo que tamen a súa marcha. Invito a todo membro do clube que lle guste a bici de montaña a que se inscriba, xa que e a mellor marcha de mtb coñezo. Esta discorre por sendeiros cercanos a Lugo con un recorrido bastante tecnico e moi entretido. Celebrarase o Domingo 28 de setembro as 9:00.

Para apuntarse recomendo facelo con rapidez xa que logo se cubren as prazas. Deixovos a paxina web do club para mais información http://www.correcaminoslugo.com/. Nela tamen podedes ver fotos doutras edicións.

Para animarvos deixovos algunha foto para que vexades o que se desfruta.


















Animadevos, eu apuntareime fijo e Susito espero que tamén.

Un saludejo.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Vuelta a España 2008

Hola a todos, acaba de comenzar a Volta a España deste ano, e cando tan so levamos unhas poucas etapas, parece que vai ser cousa de tres: Contador, Sastre e Valverde.



A contrareloxo de hoxe, deixou moi apretadas as cousas, con Sastre un pouco detrás que terá que atacar e con Valverde e Conatador á expectativa... de todos modos esto non fai mais que comenzar, e veremos o que é capaz de facer Igor Antón, Gárate, Bruseghin ou Popovych, os coequipiers Kloden, Leipheimer ou Arroyo... e inclusive poden aparecer sorpresas, como Van Golen, Nocentini, Gesink ou o galego Mosquera.



De todos modos, xa sebedes, pero eu recordoo, que o Clube Ciclista Meira estará en vivo na cronoescalada a Navacerrada que se celebrará o 20 deste mes e na que moi posiblemente se decida a xeral da Volta. Pero ata iso quedan moitas e bonitas etapas de alta e media montaña, con Angliru incluido, pra que disfrutedes televisivamente deste deporte e vexades os ataques e desfalecementos mais emocionantes do que resta de tempada.

Xa o sabedes, ¡quedamos pra mañá diante do televisor!