lunes, 5 de diciembre de 2011

Temporada 2012

Hola compañeiros!!

Estamos rematando o 2011, un ano bonito no que se fixeron unha quedada de carretera e outra de BTT, e ainda que moitas veces non foron ou fomos moitos os que foron ou fomos sair entrenar dende a fonte si que por outra parte o club estivo activo cada vez por mais sitios! e representado coma sempre nas marchas galegas e asturianas tanto de carretera como de BTT.

Pois o 2012 promete, promete máis e mellores aventuras ciclista, intentaremos consolidar as quedadas, tamén parece que se achegan novas incorporacións (por exemplo do comentado retorno de Andrés Goteira, xa feito un home!), intentaremos conseguir mais presencia de novo nas marchas do verán e nos entrenamentos e ter algún detalle máis durante todo o ano (como poden ser as edicións en video das quedadas... verdá Pabliño :P, ou algunha ruta organizada por sitios novos). Pero sobre todo seguir disfrutando da bicicleta.

Por iso, porque xa logo vén o 2012 vos escribo, hai que ir pensando en renovar as fichas, e nada dende aquí vos pregunto a todos para que nos confirmedes a renovación da licencia!! Espero que todos vos animedes a continuar!!!

unha aperta


PD: Se algun dos socios aínda non tén os novos culottes ou os culottes de inverno pode pasar por eles.