lunes, 27 de mayo de 2013

Fotos e reporte da Presentación Primavera Ciclista CC Meira 2013


 O CC Meira organizou o pasado sábado 25 de Maio a actividade Primavera Ciclista 2013, que serve, como xa é tradición, de presentación da temporada. Trátase da 16ª temporada oficial do club (desde 1998), que este ano bate records históricos de compoñentes con 28 ciclistas nas súas filas. 


A actividade comezou coa xuntanza na fonte do centro e as fotos oficiais do club, despois houbo dúas rutas: unha de BTT (Mountain Bike) de 42km e outra de Carretera de 75km. Este ano xuntámonos 14 socios para facer as rutas, que discorreron polos concellos de Meira, Pastoriza, Castro de Rei e Pol. A de carretera ramatou no alto da Serra de Meira, coñecido como cruz de Meira, pasando polo nacemento do Miño no Pedregal. 

Logo da ruta, unha merecida ducha e xuntarnos de novo (desta volta 17 persoas) fixemos unha cea de confraternización no Restaurante O'Casoa de Meira.

O CC Meira quere recordar que o primeiro fin de semana de Agosto terá lugar tamén a súa clásica ruta de verán, que realizan sempre en compaña de clubes e ciclistas amigos.