sábado, 30 de abril de 2011

Volta Ciclista ás Mariñas (A Coruña)

Este domingo na Coruña celébrase a Volta Ciclista ás Mariñas. Semella unha ruta esixente, pero... ¿que mellor entrenamento de cara a Xixon e Lugo que veñen xa nos seguintes dous fines de semana?

Si vos apete ir eu (Suso) conto ir aínda que dende Ferrol, poñedevos en contacto comigo (699423401)!

Inscripción ata o día 2 de Maio (15euros) e logo ata o 6 de Maio (18euros) perece que hai que facela online pero xa vos digo que se eso vos poñades en contacto comigo e xa nos apañamos.

Inscripcion: http://www.ccriazor.com/pago/5

WEB: http://www.ccriazor.com/

Recorrido, ollo que os últimos 30 kilometros son digamos "opcionais" xa que se chegas mais atras de un certo punto non tes que facelos, por tanto a dureza podese reducir considerablemente, un servidor é probable que opte por non realizar ese último tramo que a forma ainda non está pa eses trotes:



--------------------

NOTA: Atención que a Marcha de Viveiro cambia de fecha e no canto de ser en Xullo pasa a celebrarse (alo menos este ano) o 11 de Xuño, de todos modos xa o cambiei no calendario.