martes, 10 de marzo de 2009

Cena CC Meira 2009

Hola a todos, a nova temporada xa ten que ir comezando e para elo nada mellor que unha cena de clube, que nos dispoña a todos a entrenar duramente de cara ás marchas da primaveira e do verán.


En principio a comilona terá lugar o venres día 20, no mesón O Pozo de Meira, ás 9:45 da noite, e esperamos que alí se xunten todos ou case que todos os membros de tan ilustre clube.

Sacaremos unhas fotiños, quizais teñamos algún agasallo de reis e intercambiaremos as nosas opinións e sensacións sobre o noso estado de forma ou sobre o ataque por sorpresa que lle faremos ó compañeiro mais despistado na próxima saída.

¡Alí nos veremos todos! Saúde.

PD: Recordarde que o horario de saída continúa a ser Sabados e Domingos ás 4:30, os Domingos con feira ás 11:00, así coma os festivos, e este ano San Xosé será festivo asique nada mellor para vernos un día antes da cea que saír a dar unhas pedaladas en día santo.

PD2: Proximamente haberá entrada no blog co calendario de marchas do 2009, tanto de carretera com o de MTB.

1 comentario:

  1. Inda non chamei a esta xente e que ando ata riba de traballo e saio moi tarde, haber si hoxe teño tempo Un saudo

    ResponderEliminar