martes, 5 de octubre de 2010

I KDADA CLUB CICLISTA MEIRA

Segunda entrega da cronica de Miro.
PARTE II

En este tramo e donde Santiso se encrestou de forma desmesurada e a sua roda, ou diante de ela seguiu o imparable Orbeatis, os outros tamén nos deixámos levar por o remolino "da cabra" hasta que os continuos tirons e arrancadas de esta provocou que parte dos que, sin querer, tomaran aquela dianteira fixeran outra grupeta de ritmo alegre pero más contínuo.

Así que o lío, sin mala intención, taba armado. En Castro facía falta avituallar e repoñer líquido e sólido pois xa levábamos unha tridigital encima e aquelo en vez de amainar poñíase mais doente; pero como non alí taban de novo os vehículos da asistencia ademais da escea tenra do día; os nenos de Sharkbiker que acertadamente se acercaron hasta alí para ver a papá: o seu héroe en acción. ¡Preciosa escea ollada por unha nai contenta!. Abraiado quedei o tempo que me respingaba o serrañon mentres a cariña de unha nena con o mellor dos seus sorrisos e unha mirada de ánimo se me dibuxaba no medio do pensamento, desplazando, por un momenTo, todo aquelo.
Partimos todos xuntos das proximidades da saida do pobo e a altura do manicomio non tarduo "o de sempre" en dar outros tirons, estes asistidos por a grupeta dianteira hasta que nas proximidades da primeira rampa da pista Orbeatis comunícanos que se queda, decide baixar para acompañar o home que lle empezan a dar os xa previsibles calambres.
Pouco despois o grupeto de catro dividiuse en dous de dous hasta que Sharkbiker enlazou con o que iba mais atrasado. En eses momentos a noite víñase encima e xa era necesaria a provisión de luces por o que a organización, sempre perfectamente situada tíñanos a bolsa preparada para facer a instalación. Unha parada cortiña e seguimos, sairan diante Luis de Lugo e Butelo; atrás ibamos o trío Sharkbiker e Homeda29"; en un repecho quedo solo atrás; de repente comenza unha baixada de camiño vello pedregoso e con a Francesita desbocada paso os dous o tempo que aparecen tres cas traidos da man do demo onde, sin parar, houbo que tirar das técnicas de disuasión perruna. O chegar a baixo da costa e sigo o track que me dirixía hacia o Sendeiro da Zúmara cara a Castro de Rei e noto que a miña conversa non era seguida por ninguén. Fago unha paradiña pero o frío e con aquela humedade do entorno decido deixar a espera e continuar aqueles mais de oito kilómetros sin mais compañía que a Francesita e o Orejón facendo uso xa da iluminación. Un entorno precioso, pero que en aquela soedade vese de outra perspectiva e "das ferro" ainda que non queiras. Fora alí onde a imaxinación lles xugara unha mala pasada a dous acompañantes meus meses atrás, creeron ver ó mismísimo lobo; así que para evitar falsas ilusions baixei dentes e apretei o que puiden. A pedras e os paus saían espallados das rodas e ese era o único son que se percibía, por dentro ruxían mais. De vez en cando unha brisa fresca dáballe peor ambiente o asunto. Hasta que pasando unha vella casa abandonada ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario