sábado, 30 de abril de 2011

Volta Ciclista ás Mariñas (A Coruña)

Este domingo na Coruña celébrase a Volta Ciclista ás Mariñas. Semella unha ruta esixente, pero... ¿que mellor entrenamento de cara a Xixon e Lugo que veñen xa nos seguintes dous fines de semana?

Si vos apete ir eu (Suso) conto ir aínda que dende Ferrol, poñedevos en contacto comigo (699423401)!

Inscripción ata o día 2 de Maio (15euros) e logo ata o 6 de Maio (18euros) perece que hai que facela online pero xa vos digo que se eso vos poñades en contacto comigo e xa nos apañamos.

Inscripcion: http://www.ccriazor.com/pago/5

WEB: http://www.ccriazor.com/

Recorrido, ollo que os últimos 30 kilometros son digamos "opcionais" xa que se chegas mais atras de un certo punto non tes que facelos, por tanto a dureza podese reducir considerablemente, un servidor é probable que opte por non realizar ese último tramo que a forma ainda non está pa eses trotes:



--------------------

NOTA: Atención que a Marcha de Viveiro cambia de fecha e no canto de ser en Xullo pasa a celebrarse (alo menos este ano) o 11 de Xuño, de todos modos xa o cambiei no calendario.

6 comentarios:

  1. Hola

    Aínda que faltei estes dous fins de semana porque me foi imposible ir ás 5, sí que poiden entrenar ambos. Domingo caeron 52 kilómetros con tres portos (Riotorto, Cruz da Cancela, Campo do Oso, Bretoña, Cruz da Cancela, Lourenzá, Augaxosa, Riotorto). Fíxeno en 2:44 cortando para non pasarme de pulsacións. Rematei ben de pernas. ¿estarei listo para facer As Mariñas?.

    ResponderEliminar
  2. penso que sin problemas,e si non atallar ou coche escoba :).

    ResponderEliminar
  3. Suso a deixar ese pavillon ben alto.

    ResponderEliminar
  4. Pois eu non son quen de dicircho,pero valora que ainda polo lado corto (saltándote o ultimo porto) che sairán uns 95-100km, o que está claro e que quenes vaiamos teremos que sufrir bastante. De todos modos non podo dicir como é nin nada porque será a primeira vez que alguen do clube vai a esta marcha.

    Non recordo se xa fixeras marchas de carretera?? porque se non (e pode que me dixeras que non) coñeces este tipo de marchas, duras e libres, nese caso recomendoche que agardes unha semana e veñas a Xixón, e logo a Lugo, que son mais accesibles e coñecemolas ben.

    A tua disposición! e a seguir entrenando!

    ResponderEliminar
  5. Puxemonos dacordo pa escribir eh Luis!

    Eu sen problemas non diría pero as outras son posibilidades a ter en conta.

    Pola miña parte, intentarei deixar ben alto o nome do club jejeje pero irei con medida, tanteando o terreo que non estou mal pero tampouco pa tirar foguetes... e esa distancia... e ese último posible porto...

    ResponderEliminar
  6. Paco, unha cousa, si puideras pasarme o teu email, escribeme a esta direccion jlopezpaz@gmail.com e comentoche unhas cousas!! gracias

    Suso

    ResponderEliminar