Un ano máis, o próximo 29 de Xullo o CC Meira faremos una ruta de confraternización para socios, amigos e compañeiros de ruta do clube.
Será unha ruta de carretera e o percorrido (o mesmo destes últimos anos) terá saída en Meira e chegada de novo a Meira, pasando por A Pontenova, Taramundo, Santalla de Oscos, A Fonsagrada e O Cádavo. Sempre controlado excepto nas subidas que serán libres para posteriormente ir reagrupando.
Como xa sabedes trátase dun precioso percorrido de media montaña!!!
A hora provisional de saída (dende a praza do centro de Meira) será ás 10h e logo pararemos a comer a mediodía na Fonsagrada para (logo do café) retomar a ruta ata Meira.
O CC Meira dipoñerá para os participantes da comida, bebida, avituallamentos solidos e líquidos, coche de apoio, coche escoba, taller móvil e ata mecánico en bici :)
Xa de volta en Meira haberá duchas no polideportivo para quen o precise.
Agardámosvos en Meira!!!
Recordade os socios de vir coa equipación máis recente que teñades do clube para as fotos pertinentes!!!
PD1: Seguramente haberá a maiores algunha novidade-regalo tamén para os socios!!!!
PD2: Agradeceríavos que me vaiades confirmando que podedes vir en canto o vaiades sabendo!!
Apertas!!
jueves, 12 de julio de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario