martes, 28 de abril de 2009

Subida ó Mondigo 2009

Aqui vos deixo algunha foto da subida ó Mondigo á que fumos este ano catro representantes do CC Meira, Pablo, Miguel, Luis Alberto e Suso. Intentarei conseguir mais pero lo de agora aqui deixo estas.

Saúde.


viernes, 13 de marzo de 2009

Calendario marchas cicloturistas 2009: Galicia, Asturias

A continuación un pequeno calendario de marchas cicloturistas adaptado á zona de movemento do CC Meira, é dicir a Galicia e a Asturias. Incluirresmos nel as marchas de BTT e de Carretera.

Calendario 2009:

ABRIL
  • Día 4 -->> 4ª MARCHA CAMIÑOS DOS CIBARCOS EN BTT, Barreiros. BTT.
  • Día 19 ->> 7ª RUTA MONSELBAN BTT , Vilalba-As Pontes. BTT.
  • Día 26 ->> XII SUBIDA AO MONDIGO, Ribadeo. BTT.
MAYO
  • Día 3 -->> 15ª MARCHA CICLOTURISTA VOLTA AS MARIÑAS, A Coruña. CARRETERA.
  • Día 24 ->> XVIII Marcha Cicloturista Villa de Gijón, Gijón. CARRETERA.
JUNIO
  • Día 7 -->> 3ª RUTA BTT ENTRE DUAS RIAS, Ferrol. BTT.
  • Día 7 -->> 11ª Volta Cicloturista a Valdeorras, O Barco. CARRETERA.
  • Día 13 ->> Marcha Ciclista Internacional El Angliru, Riosa. CARRETERA.
  • Día 13 ->> 12ª Marcha Vila das Pontes, As Pontes. CARRETERA.
  • Día 27 ->> XX Marcha "Cuenca de Navia", Anleo. CARRETERA.
JULIO
  • Día 4 -->> 20ª Marcha "Ruta PArdo de Cela", Foz. CARRETERA.
  • Dia 11 ->> 14ª Rota Cicloturista da MAriña, Burela. CARRETERA.
  • Día 18 ->> 22ª Xira Concello de Viveiro, Viveiro. CARRETERA.
AGOSTO
  • Día 8 -->> 5ª RUTA BTT FERROLTERRA, Ferrol. BTT.
  • Día 22 ->> 16ª Marcha Cicloturista San Bartolo, Barreiros. CARRETERA.
  • Día 22 ->> 12ª Marcha a Ferrolterra, Ferrol. CARRETERA.
  • Día 23 ->> 21ª Marcha Ciloturista Concello de Ribadeo, Ribadeo. CARRETERA.
SEPTIEMBRE
  • Día 6 -->> XXVII Marcha Ria del Eo, Vegadeo. CARRETERA.
  • Día 27 ->> 10ª MARCHA CICLOTURISTA BTT – SAN FROILAN, Lugo. BTT.

Deixamos tamen os enlaces ós calendarios completos galego e asturiano, para comprobar mais datos como horarios e clubes organizadores, así como para mirar outras marchas e outras competicións:

Calendario Ciclista Galego 2009 Completo.
Calendario Ciclista Asturiano 2009 (link á dereita)

martes, 10 de marzo de 2009

Cena CC Meira 2009

Hola a todos, a nova temporada xa ten que ir comezando e para elo nada mellor que unha cena de clube, que nos dispoña a todos a entrenar duramente de cara ás marchas da primaveira e do verán.


En principio a comilona terá lugar o venres día 20, no mesón O Pozo de Meira, ás 9:45 da noite, e esperamos que alí se xunten todos ou case que todos os membros de tan ilustre clube.

Sacaremos unhas fotiños, quizais teñamos algún agasallo de reis e intercambiaremos as nosas opinións e sensacións sobre o noso estado de forma ou sobre o ataque por sorpresa que lle faremos ó compañeiro mais despistado na próxima saída.

¡Alí nos veremos todos! Saúde.

PD: Recordarde que o horario de saída continúa a ser Sabados e Domingos ás 4:30, os Domingos con feira ás 11:00, así coma os festivos, e este ano San Xosé será festivo asique nada mellor para vernos un día antes da cea que saír a dar unhas pedaladas en día santo.

PD2: Proximamente haberá entrada no blog co calendario de marchas do 2009, tanto de carretera com o de MTB.

domingo, 28 de diciembre de 2008

Encuesta

Hola amigos, rematou a primeira encuesta que fixemos neste blog, e gañou unha marcha que todos queremos especialmente: "Marcha Ciclista Riberas del Eo" con catro votos, despois quedaron preto dela as marchas de Ferrol e O Barco con tres votos cada unha.


Este resultado afonda mais na nosa pena e sospeita de que a citada marcha non se celebre no 2009, dende aquí esperamos que iso non suceda, pero si ten que ser así, que sexa solo un paréntesis na súa celebración anual.

Deixamos unhas fotos destes últimos anos, para que a beleza das paisaxes transitadas nela non esmorezan.


lunes, 22 de diciembre de 2008

Renovación de Licencias Federativas

Moi boas Xente!!!!!

Como ben sabedes o ano esta a punto de rematar e con el a vixencia de licencia actual.

Case todos os anos retrasamos ata o mes de febreiro a renovación de dito documento, asi que por primeira vez este ano haber si xa temos licencia no mes de xaneiro.

Pois nada mais, pasade canto antes por xunto de Chuspi a firmar.

Un saudo e Feliz Navidad.

P.D: Aver si nos xuntamos esta navidade para sair rular polo monte na MTB

martes, 18 de noviembre de 2008

Pequena historia do C.C. Meira enviada á web do Concello de Meira

O Club Ciclista Meira é unha das asociacións deportivas mais veteranas e activas de Meira, nace en 1997 da man duns poucos afeccionados á bicicleta e, pouco a pouco, vaise afianzando na rutina do pobo, os coloridos maillots e as quedadas na fonte do centro convértense en algo cotiá nas fins de semana en Meira. Aínda que o ciclismo de carretera non pasa polos seus mellores momentos, e pese a que o noso pobo non é moi grande, polo CC Meira pasaron a día de hoxe preto de 40 ciclistas e actualmente está formado por 12 compoñentes.


Durante estes anos o clube levou o nome de Meira a toda a xeografía da zona: dende A Mariña ata os confíns da Terra Cha, chegando ata Asturias e pasando por case que tódalas localidades e montes da metade norte da provincia de Lugo. Do mesmo xeito converteu a zona de A Ribeira no seu banco de probas particular, e á subida dende o Chao de Pousadoiro ata Serra de Meira nunha siña de identidade propia. Pero todo isto ten un motivo: prepararse para as marchas e carreiras do verán. Durante todo este tempo o CC Meira foi un fixo nas marchas que se organizan en boa parte de Galicia e Asturias.

Deixando un pouco á marxe a historia compre dicir que o CC Meira esta aberto a novas incorporacións e que non é necesario, como pensan moitos, ser un gran atleta para estar no clube, así que dende aquí alentamos a todos os afeccionados a este fabuloso deporte a que se animen a probar con nós, a disfrutar dos fantásticos paraxes naturais que temos e a respirar a tranquilidade que transmite un bo paseo en bicicleta.

Toda a información necesaria para unirse ó clube e manterse ó tanto das novidades está dispoñible na nosa páxina web: ccmeira.blogspot.com

viernes, 7 de noviembre de 2008

Pinarello Prince

Si tivese moitos cartos, polo menos dabondos como para comprala, rodaria nunha Pinarello Prince 50HM 1k. Mais información da fabrica de bicicletas Pinarello: www.pinarello.com