martes, 11 de mayo de 2010

4ª RUTA DE BTT "ENTRE DÚAS RÍAS", Ares-Mugardos-Ares


Chicos se acerca una de las citas clave del año.Ademas este año los compañeros del C.C Ferrol se han currado un gran fin de semana ciclista.Habra que estar alli.
EDR 2010
Os Concellos de Ares e Mugardos (A Coruña) xunto coa Asociación Bimares e o Club Ciclista Ferrol querémoste convidar a participar na nova edición do EDR 2010 (Entre dúas Rías).Este ano o noso obxetivo é poder ofrecer 3 actividades diferentes relacionadas co mundo do BTT que terán lugar durante os vindeiros 12 e 13 de Xuño.
O sábado 12, a partir das 09'00 e tendo como punto de encontro o histórico Mosteiro de Santa Catalina- Montefaro en Ares poderás participar no que decidimos chamar "Baixamos Montefaro". Unha proba que, sen lugar a dúbidas, sorprenderá os amantes das baixadas rápidas.Contaremos cun vehículo para os remontes.O uso de casco integral é obrigatorio. O noso obxetivo é claro: poñer a dispor dos mais atrevidos unha rota que será moi divertida nun enclave tan extraordinario como é Montefaro. Os acompañantes, que o desexen, poderán disfrutar dunha rota sendeirista guiada.
O mesmo día, a partir das 16'00 dende o Pavillon Polideportivo de Mugardos emprenderemos a "I EDR Feminina", unha magnífica rota de btt pensada para todas aquelas rapazas e mulleres iniciadas neste deporte. A rota percorrerá os concellos de Ares e Mugardos, sumando un total de 30 qms. de dificultade moderada. Teremos a oportunidade de rodar por pistas con impresionantes vistas, sendeiros rodeados de natureza e cruzaremos aldeas e pobos con gran encanto. Esta é a primeira rota feminina federada que se celebrará nestes lares e é a nosa ilusión que sexa a primeira de moitas edicións mais. Aínda que o seu trazado está pensado para o cicloturismo feminino, por suposto que está aberta a participación masculina.
O domingo 13, as 09'00 e dende o Pavillón Polideportivo de Ares, daremos pistoletazo de saída a unha nova edición da xa consolidada "EDR". A rota de dificultade medio-alta non defraudará a ninguén: 51 quilómetros de puro btt (camiños, sendas, pistas, trialeiras, repeitos, tramo libre,etc). O mais característico do btt concentrado nunha marcha e disfrutando de extraordinarios paraxes e a mellor compañía!. Para calquera das probas, o límite de prazas queda fixado en 200. Todas contarán con avituallamento sólido e líquido, coche escoba, mecánico, asistencia médica, seguridade en rota, lavado de bicis e pinchada final. Do mesmo xeito, haberá agasallos, sorteos e trofeos varios.Estas actividades figuran no calendario anual de rotas da Federación Galega de Ciclismo.A idade mínima de participación son 15 anos cumpridos no ano en curso.A inscrición pódese realizar nas webs:
Tamén é posible inscribirse enviando un correo electrónico a:correo@bimares.netbimares@bimares.net
Dispoñemos dun teléfono para calquera dúbida e/ou aclaración 646413548
As cotas de inscrición son:- Baixamos Montefaro, 10€-
I EDR Feminina, 10€-
EDR 2010, 12€Non federados 8€ a maiores para o seguro
Federados presentarán licenza federativa en vigor
Os acompañantes que desexen participar da pinchada terán de aboar 8€ para a pinchada de Baixamos Montefaro ou da I EDR Feminina e 10€ para a da EDR 2010.
Ingresos en Caixa Galicia 2091-0211-27-3000065434Lembrade estar no punto de saída con media hora de antelación.Sabemos que este ano o noso obxetivo de poderche ofrecer 3 actividades en 2 días é un novo e importante reto. A ilusión e dedicación do noso equipo de traballo ten un único fin: QUE TI QUERAS VOLTAR!
Esperamos verte e compartir con todos e todas a nosa ilusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario