
Bueno xentiña, xa podedes ir por xunto de Chuspi a recoller licencias federativas de 2011 e culottes longos, a min paréceme que o resultado é moi interesante, chamativo alómenos, e ademais deixamos zanxado xa o tema do deseño do culotte curto que será igual pero solo ata a franxa amarela.
Sei que chegan algo tarde, que o inverno está a piques de rematar pero bueno, que se lle vai facer, estreámolos en primavera que lucen mellor, asi que emprázovos a vilo lucir nas saídas de fin de semana do CCMeira, ¡¡que temos que adestrar que logo chegan as marchas!! mediados de Maio está ahí ó lado.
Nada máis, ata a proxima, queda pendente falar da foto oficial da temporada 2011 e tamen da cena anual do clube. Asuntos que trataremos neste próximo mes de Abril.
Saúdos!
PD: por certo este domingo cambian a hora (hai que adelantar unha hora) asi que dende que comece Abril os sabados e os domingos sen con feira sairemos ás 17h da tarde.
Oh my God. Son cantosos da narices. ¿es obligatorio comprarlos?.
ResponderEliminarjeje non home non, aqui as cousas fanse para disfrute dos socios, non hai que compralos, danse. O que queremos e que as cousas que se fagan se aproveiten asi que todo o que se fai é gratis para os socios.
ResponderEliminarPara dalos o normal cando se trata dun novo socio e que pague unha licencia por adelantado (logo para o ano seguinte xa non a pagarías) para asegurarnos a presencia no club un par de anos e que non se marche con todo sen aproveitalo e poñelo, simplemente, porque houbo xente que se apunta e logo non se sabe nada nunca del. Despois, se estas asentado no clube irás vendo como todas as melloras que fagamos che van chegando gratis.
Pódoche afirmar que é bastante agradecido ser do CC Meira!! jeje!!
a ver se un finde te animas a saír con nós desde meira!!
Un saúdo compañeiro!!
Buff, menos mal. A chaqueta ..... aínda, aínda, pero o culotte non paso por el, así que non lle vou dar gasto en eso ó clube.
ResponderEliminarEspero poder pedelear moito con vos, pero é que ata onte non me librei da mononucleose que collín trala marcha BTT que fixesteis. 6 meses medio enfermo, que xa é dicir. Atrevinme a ir á marcha de Burela e á semana seguinte xa recaín. Ademáis, había que esperar a que viñera o bo tempo.
Ahora xa me empezaredes a ver. Espero comezar este mesmo finde. Mañá vou collela licenza 2011 onde Chuspi e xa quedo con el.
Pois pareceme ben, pq se non che gusta ou che parece moi cantoso e non o vas poñer pois así esta ben xa que igual o aproveita outra persoa. De todos modos o culotte corto vai ser colorido igualmente, síntese :), e que aqui sómosche bastante cantosos, aínda que non che vou negar que a veces pensei en facer algo mais escuro na tendencia actual, ó final impoñense as raices e claro...
ResponderEliminarVeremos a seguinte equipación... que por certo se che gusta o tema podes dar ideas ou axudar no deseño que esto eche todo casero...
Saúdos e espero que teñas unha boa recuperacion da mononucleosis, aínda estas a tempo de enganchar a temporada!
Hoxe estrenei o meu.A min gustame o colorido.
ResponderEliminar