lunes, 16 de mayo de 2011

Transgalaica San Xenxo



Ultima proba do circuito Galego de longa distancia.

jueves, 12 de mayo de 2011

XX Marcha Cicloturista Villa de Gijón

Un ano mais compañeiros iremos facer acto de presencia e competencia e Xixón, a esta cómoda e bonita marcha (bueno, depende do ano jeje) , pero bueno, unha marcha na que sempre nos atopamos un ambiente moi acolledor e que normalmente serve de inicio de temporada, se ben este ano comezamos a semana pasada na Volta as Mariñas.

Por certo a marcha é este domingo 15 de Maio ás 10 da mañá. Haberá que madrugar!

Aqui tedes o perfil:



Xa estamos inscritos Chuspi, Dani i eu (Suso). Se algún outro se anima pois que se poña en contacto con Chuspi para facer a inscripcion ou polo menos chamar ós organizadores e reservala!!!

Seguro que nos vai moi ben e que disfrutamos dun bo dia de bicicleta, destaco que esta é unha marcha neutralizada e que o nivel de esixencia non é moi alto... ah!!! e os pinchos do final, coa sidrina... mmm!! que bos!!

Deixo a web dos nosos colegas asturianos para mais información: Grupo Ciclista Buenavista

lunes, 9 de mayo de 2011

XV Ruta Salmon A Estrada



Nova edicion da tradicional cita de primaveira na Estrada.
40kms suaves polas beiras do rio.
Si nada se torce estaremos.

lunes, 2 de mayo de 2011

24 Horas de Somozas




Xa temos aberta a inscripcion desta carreira 24 horas.
Organizada polos Caimanes de Betanzos.
Todos os que teñades intencion de participar seria importante que vos puxerais en contacto conmigo mais pronto que tarde,as inscripcios sen aumento de precio cerran a finales deste mes.Haberia que calcular si levamos un equipo,varios ou incluso si alguen se atreve en solitario.
Esta e a paxina coa informacion da proba.
http://www.24somozasbike.com/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=1&Itemid=2

Veña animarse.

sábado, 30 de abril de 2011

Volta Ciclista ás Mariñas (A Coruña)

Este domingo na Coruña celébrase a Volta Ciclista ás Mariñas. Semella unha ruta esixente, pero... ¿que mellor entrenamento de cara a Xixon e Lugo que veñen xa nos seguintes dous fines de semana?

Si vos apete ir eu (Suso) conto ir aínda que dende Ferrol, poñedevos en contacto comigo (699423401)!

Inscripción ata o día 2 de Maio (15euros) e logo ata o 6 de Maio (18euros) perece que hai que facela online pero xa vos digo que se eso vos poñades en contacto comigo e xa nos apañamos.

Inscripcion: http://www.ccriazor.com/pago/5

WEB: http://www.ccriazor.com/

Recorrido, ollo que os últimos 30 kilometros son digamos "opcionais" xa que se chegas mais atras de un certo punto non tes que facelos, por tanto a dureza podese reducir considerablemente, un servidor é probable que opte por non realizar ese último tramo que a forma ainda non está pa eses trotes:



--------------------

NOTA: Atención que a Marcha de Viveiro cambia de fecha e no canto de ser en Xullo pasa a celebrarse (alo menos este ano) o 11 de Xuño, de todos modos xa o cambiei no calendario.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Licencias federativas e culottes de inverno


Bueno xentiña, xa podedes ir por xunto de Chuspi a recoller licencias federativas de 2011 e culottes longos, a min paréceme que o resultado é moi interesante, chamativo alómenos, e ademais deixamos zanxado xa o tema do deseño do culotte curto que será igual pero solo ata a franxa amarela.

Sei que chegan algo tarde, que o inverno está a piques de rematar pero bueno, que se lle vai facer, estreámolos en primavera que lucen mellor, asi que emprázovos a vilo lucir nas saídas de fin de semana do CCMeira, ¡¡que temos que adestrar que logo chegan as marchas!! mediados de Maio está ahí ó lado.

Nada máis, ata a proxima, queda pendente falar da foto oficial da temporada 2011 e tamen da cena anual do clube. Asuntos que trataremos neste próximo mes de Abril.

Saúdos!

PD: por certo este domingo cambian a hora (hai que adelantar unha hora) asi que dende que comece Abril os sabados e os domingos sen con feira sairemos ás 17h da tarde.

lunes, 21 de marzo de 2011

Vigo Bike Contest



Completo fin de semana de Btt en Vigo.
Descenso,rallye y pedalada.
Por alli estaremos.